Enfermidade cerebral que provoca ataques repentinos causando convulsións ou ata a perda do coñecemento. Isto dáse por un trastorno no cerebro. Normalmente estes episodios duran algúns segundos ou minutos.
- Recursos
Glosario
Lectura fácil activa
Escala utilizada para valorar o nivel de consciencia existente tras unha lesión cerebral. A escala valora distintos graos de resposta en canto a apertura ocular, resposta motora e resposta verbal.
A espasticidade é un trastorno motor asociado a múltiples enfermidades e discapacidades. A súa orixe atópase nunha alteración do sistema nervioso central que provoca un aumento do ton muscular dificultando e/ou imposibilitando total ou parcialmente o movemento dos músculos afectados. Guía de Convives con Espasticidad.
O estado vexetativo fai referencia a un estado de vixilia, en ausencia de resposta cara un/ha mesmo/a ou cara a contorna, no que se só se observan respostas motoras reflexas, sen interacción voluntaria cara o medio. Recentemente propúxose cambiar o termo polo de Síndrome de Vixilia sen Resposta e é posible que, aos poucos, se instaure a nivel clínico.
*Definicións extraídas do glosario de Daño Cerebral Estatal.