A persoa necesita axuda para realizar Actividades Básicas da Vida Diaria como a hixiene, desprazamentos, alimentación ou o vestido; entre outras.
- Recursos
Glosario
Lectura fácil activa
Alteración da visión pola que as imaxes percibidas polos ollos non se procesan nunha soa no cerebro, polo que o resultado é a visión dobre.
Dificultade para articular palabras por mor da debilidade, parálise ou falta de coordinación da musculatura da fala. Segundo o nivel de gravidade, hai dificultades para pronunciar fonemas en concreto, cambios na velocidade do fala omitindo sílabas, ou, directamente, gran dificultade de comprensión por parte da persoa receptora do discurso. A disartria pode estar acompañada de disfaxia.
Limitación física, mental, intelectual ou sensorial que afecta a unha persoa e que impide, nalgunhas ocasións, que desenvolva actividades coas mesmas posibilidades que o resto de cidadáns e cidadás. A discapacidade non provén só do estado da persoa, tamén da contorna -espazos e persoas- e o preparada que estea para convivir coas persoas con discapacidade.
Dificultade para tragar alimentos.
Perda do timbre normal da voz, ata alcanzar a rouquén.
*Definicións extraídas do glosario de Daño Cerebral Estatal.