A andaina do movemento asociativo do dano cerebral adquirido en Galicia comezou no ano 2000 coa fundación de ADACECO, Alento e Sarela. Posteriormente, en 2002 creouse DCA Ourense (no inicio denominada ‘Renacer’) e en 2006 ADACE Lugo.
A unión das cinco asociacións deu lugar á constitución da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) en 2007. Desde entón, a nosa traxectoria caracterizouse por unha progresiva profesionalización, ampliación da estrutura e diversificación das nosas liñas de actuación. De forma paralela, durante este período as asociacións aumentaron enormemente a súa dimensión para poder dar resposta á crecente demanda de apoio e atención. En 2024 realizamos un cambio de identidade corporativa e a nosa denominación pasou a ser 'Dano Cerebral Galicia'.
-
2007
As cinco asociacións de dano cerebral de Galicia constitúen FEGADACE e José Balboa é elixido presidente. -
2010
Ingreso no CERMI-Galicia -
2012
Ingreso en FEDACE -
2012
Celebración do primeiro Foro de Familias de Persoas con dano cerebral adquirido. -
2013
FEGADACE é declarada Asociación de Utilidade Pública. -
2013
Ingreso na EAPN- Galicia. -
2013
Primeiro Encontro de Voluntariado -
2013
Primeiro Encontro de Xuntas Directivas -
2013
Adopción do 1º Plan Estratéxico. -
2013
Entrega do I ‘Premio FEGADACE’ ao programa da Radio Galega ‘Convivir en Igualdade’ -
2014
Primeiro Encontro de Profesionais de FEGADACE -
2016
Elección de Luciano Fernández como presidente da Federación
-
2016
O galardón anual da Federación pasa a denominarse ‘Premio FEGADACE-Miguel Blanco’ en homenaxe ao neurólogo, falecido en 2015
-
2018
Adopción do primeiro Plan de Igualdade da Federación -
2018
Estrea da páxina web -
2020
Adopción do primeiro Plan de Transformación Dixital da Federación
-
2022
Implantación do Sistema de Xestión de Calidade
-
2022
Inicio da prestación de servizos sociosanitarios de proximidade ao abeiro do Proxecto Rumbo -
2023
A Federación gaña a 3ª edición dos Premios de Innovación da Saúde da ACIS polo proxecto 'Saúde oral: garantía de benestar das persoas con dano cerebral adquirido'
-
2024
A Federación adapta a nova marca común de Daño Cerebral Estatal