A nosa política de transparencia abrangue a difusión de información institucional, organizativa e de planificación, incluíndo as normas reguladoras do funcionamento interno no que se fundamenta o noso modelo de xestión.

Plan Estratéxico 2025-2028 de Dano Cerebral Galicia
Documento que guía o labor de Dano Cerebral Galicia ao longo do período 2025-2028, organizado arredor de 5 liñas estratéxicas, 12 obxectivos operativos, 53 accións e 43 indicadores.
En Dano Cerebral Galicia manifestamos o noso compromiso de mellora continua implantando un sistema de xestión da calidade conforme aos requisitos da norma UNE EN ISO 9001, que serve como marco de referencia para o establecemento de obxectivos da Federación.
En Dano Cerebral Galica contamos cun Plan de Igualdade e un Protocolo de Prevención do Acoso vixentes até 2027. Ambos documentos son resultado dun proceso participativo, coordinado por Recursos Galicia Consultoría & Formación, no que se involucrou o equipo técnico, persoal externo experto na materia e a Comisión Negociadora de Igualdade, composta pola representación da entidade e a representación legal do cadro de persoal da Federación.
Os documentos, entendidos como unha oportunidade para repensar os modelos de intervención e ensaiar novas estratexias para asentar unha integración real e efectiva da perspectiva de xénero, actualizan e renovan o noso compromiso coa igualdade e a non discriminación, de forma coherente tanto coa nosa misión como coa lexislación relativa á materia.
No caso do Plan, ademais de incorporar instrumentos de mellora respecto ao anterior para garantir que o principio de igualdade de trato, oportunidades e a non discriminación por razón de sexo sexa un eixo rexedor de todas as actuacións de Dano Cerebral Galicia, o novo documento pretende profundar as medidas xa existentes a través da aplicación transversal da perspectiva de xénero en todas as áreas, políticas e decisións da entidade.