O funcionamento de Dano Cerebral Galicia é posible a través de fontes de financiamento públicas e privadas, así como de fondos propios.

A convocatoria de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 20-21 e 21-22 dentro do programa O teu Xacobeo financiou as iniciativas ‘Camiñando polo Dano Cerebral’ e ‘Facemos Camiño polo Dano Cerebral’.

Desde 2010, existe un convenio de colaboración entre a Consellaría de Política Social e Dano Cerebral Galicia para o financiamento dos programas de atención ambulatoria, rehabilitación funcional e inclusión social de persoas con dano cerebral adquirido, así como para o mantemento da Federación e das entidades federadas. Ademais, a través da Consellaría a Federación recibe subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

Dano Cerebral Galicia é unha das entidades executoras do ‘Proxecto Rumbo: cara a un modelo de autonomía personal conectada e inclusiva’, financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, á súa vez ligado aos fondos NextGenerationEU da Unión Europea.

Desde 2012, Dano Cerebral Galicia é entidade beneficiaria de axudas e subvencións da Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro.

Dano Cerebral Galicia foi entidade beneficiaria do 'Programa de Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios' (convocatorias de 2017 a 2023). A través destes fondos, confinanciáronse actividades formativas, charlas, foros, publicacións e campañas de sensibilización sobre dano cerebral addquirido.

Dano Cerebral Galicia e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organismo dependente da Xerencia do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), colaboran periodicamente na organización de actividades formativas relacionadas co dano cerebral adquirido.

A Convocatoria do Proxecto de Responsabilidade Social Corporativa “Solidarios Nacionales” do Grupo TRAGSA (2023) financiou a iniciativa ‘Promoción de coidados e apoios que favorezan a permanencia na contorna rural de persoas e familias con DCA’.

Dano Cerebral Galicia resultou gañadora da III edición dos Premios de Innovación en Saúde (2023), na categoría de pacientes, polo proxecto ‘Saúde Oral. Garantía do Benestar das Persoas con Dano Cerebral Adquirido’, realizado xunto á Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidade Especiais da USC, e finalista da IV edición (2024), tamén na modalidade de pacientes, polo proxecto 'Servizos sociosanitarios de proximidade'.

A Convocatoria de Proxectos Sociais Galicia (2023) da Fundación “La Caixa” cofinanciou a iniciativa ‘Servizos Sociosanitarios de Proximidade para Persoas con Dano Cerebral Adquirido’. A Federación tamén foi beneficiaria da Convocatoria Promoción de la Autonomía Personal y Atención al Envejecimiento, a la Discapacidad y a la Enfermedad (2020) e da Convocatoria Promoción de la Autonomía Personal y Atención al envejecimiento, la discapacidad y la dependencia (2017).

A Convocatoria Más Social da Fundación Barrié e a Fundación María Francisca de Roviralta financiou diversos proxectos e actividades: a elaboración dos estudos ‘El cuidado informal en el daño cerebral adquirido: impacto en la salud y calidad de vida de las personas cuidadoras. Análisis en clave de desigualdad de género’ (2020-2021); ‘Monetización do valor social de FEGADACE’ (2018-2019); e ‘Conocimiento del diagnóstico y recursos de las personas con daño cerebral adquirido' (2016-2018), así como o deseño dun plan de comunicación e a primeira páxina web de FEGADACE (2018).

A IV Convocatoria de Axudas Santander Social Tech (2023) da Fundación Banco Santander financiou o redeseño, reconfiguración da arquitectura e elaboración da páxina web de Dano Cerebral Galicia.

A campaña Céntimo Solidario de Eroski (2022) cofinanciou o programa de mellora da autonomía persoal e calidade de vida das persoas e familias con dano cerebral adquirido en Galicia e a II Xuntanza de Persoas e Familias con Dano Cerebral Adquirido celebrada en xuño de 2023.

A Convocatoria de Axudas da Fundación José Otero-Carmela Martínez 2022-2023 cofinanciou a 2ª Xuntanza de Persoas e Familias con Dano Cerebral Adquirido, celebrada en xuño de 2023, mentres que a convocatoria 2023-2024 cofinanciou a 2ª Travesía a Nado Polo Dano Cerebral.
Os fondos propios de Dano Cerebral Galicia proceden da prestación de servizos e da realización de actividades, así como da cota anual que pagan as entidades socias por seren membros da Federación.