Dano Cerebral Galicia conta con unha estrutura técnica, integrada por profesionais de diferentes disciplinas, que se ocupa de executar as funcións e obxectivos fixados pola Asemblea Xeral e a Xunta Directiva.
Leticia Vila Posada
Graduada en Psicoloxía pola USC, Máster de Profesorado de Educación Secundaria pola USAL e Máster de Menores en Situación de Risco e Desprotección Social pola UVigo.
direccion@danocerebralgalicia.org
Conta cunha traxectoria profesional intimamente ligada ao terceiro sector, á defensa dos dereitos das persoas en situación de risco e exclusión social, á formación, ás novas tecnoloxías e á xestión de proxectos. Desde a súa incorporación a Dano Cerebral Galicia en 2021 exerceu como técnica de formación e responsable de calidade. En agosto de 2024 asumiu a dirección da Federación.
Adolfo M. González Rodríguez
Graduado en Administración e Dirección de Empresas pola USC.
xestioneconomica@danocerebralgalicia.org
Tralo paso polo sector bancario incorporouse ao social, no que se ocupa tanto da planificación e desenvolvemento de proxectos como da xestión económica e financeira, con especial atención á contabilidade social. En 2016 incorporouse a Dano Cerebral Galicia como responsable da área económica e administrativa e desde agosto de 2024 tamén se ocupa dos recursos humanos da Federación.
Carla Miranda Iglesias
Graduada en Traballo Social pola USC con especialización en prevención e sensibilización das violencias sexuais e de xénero pola URJC.
proxectos@danocerebralgalicia.org
Activa dende o 2016 como traballadora social, tralo seu paso por empresas privadas vinculadas á atención de persoas en situación de dependencia, incorporouse a Dano Cerebral Galicia en 2020 a través dos programas de cooperación para o fomento do emprego en entidades sociais da Consellería de Emprego. Desde agosto de 2024 é responsable de proxectos da Federación.
Irene Cancelas Sánchez
Licenciada en Xornalismo pola USC e Diploma de Especialización en Captación de Fondos pola UNED.
comunicacion@danocerebralgalicia.org
Desde 2005 traballa no xornalismo e na comunicación corporativa. Ten experiencia en tarefas de gabinete de prensa, organización de eventos e captación de fondos nos sectores cultural, social e mediático co cooperativismo e o asociacionismo como elemento común. É responsable de comunicación da Federación desde a súa incorporación en 2012 a través dos programas de cooperación da Consellería de Emprego.
Noelia Rivadas López
Graduada en Logopedia pola UDC con formación complementaria en neurorrehabilitación, disfaxia orofarínxea, afasia, parálise facial e sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.
formacion@danocerebralgalicia.org
Distinguida co Premio Fin de Carreira e o Premio Excelencia Académica da Xunta de Galicia, así como co Premio Fin de Grao da Universidade da Coruña, traballa dende 2019 no eido da atención temperá e a neurorrehabilitación. Incorporouse á Federación en 2022 como parte do equipo responsable da prestación de servizos sociosanitarios de proximidade e da execución de proxectos de promoción da vida independente. Desde agosto de 2024 é técnica de formación e xestión de calidade.
Natalia Regueiro Cerviño
Técnica Superior en Administración e Finanzas.
xestion@danocerebralgalicia.org
Tras rematar os seus estudos, a súa vida laboral estivo sempre ligada á administración, contando con experiencia nunha xestoría, unha entidade social e un centro de formación. No 2020 incorporouse a Dano Cerebral Galicia a través dos programas de cooperación para o fomento do emprego en entidades sociais da Consellería de Emprego.
Inés Mosquera Costa
Graduada en Terapia Ocupacional e Máster en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria con Especialización en Xénero pola UDC.
terapiaocupacional2@danocerebralgalicia.org
A súa traxectoria profesional iníciase en 2018 como terapeuta ocupacional na atención directa a persoas con discapacidade. En 2022 incorporouse á Federación como parte do equipo responsable da prestación de servizos sociosanitarios de proximidade e da execución de proxectos de promoción da vida independente de persoas con dano cerebral.
Ainhoa Vieites Vidal
Graduada en Traballo social pola Uvigo con formación complementaria como monitora de ocio e tempo libre.
traballosocial@danocerebralgalicia.org
Graduada en 2024, está colexiada no COTSG e conta con experiencia, tanto no terceiro sector como na empresa privada, no acompañamento a persoas con dependencia e discapacidade, solicitantes e/ou beneficiarias de protección internacional, mulleres en situación de vulnerabilidade social ou vítimas de violencia de xénero.