As cinco asociacións de Dano Cerebral Galicia ofrecen o servizo de rehabilitación especializada nas súas instalacións. Trátase dun recurso para persoas con dano cerebral adquirido en fase subaguda. O seu obxectivo é darlle unha rehabilitación específica segundo as súas necesidades unha vez que as persoas reciben a alta hospitalaria.
O servizo de rehabilitación especializada desenvólvese a través dun enfoque transdisciplinar nun proceso en que a persoa e a familia convértense no centro da atención. Con este fin, o equipo profesional deseña un plan de intervención individual, integral e intensivo. Este define uns obxectivos funcionais e unha avaliación continuada da consecución dos mesmos. Trimestralmente realízase unha revisión do plan, que se axusta segundo a evolución da persoa ata o momento da súa alta no servizo.
O servizo préstase a través dun equipo multidisciplinar de profesionais dos ámbitos da fisioterapia, logopedia, psicoloxía/neuropsicoloxía, terapia ocupacional e enfermaría.