A asociación Sarela presta o servizo de orientación laboral. Trátase dun recurso especializado que fomenta a participación social activa das persoas con dano cerebral adquirido a través da súa formación, autonomía persoal e habilidades sociais. O seu obxectivo é lograr a inclusión sociolaboral das persoas usuarias a través da posta en marcha de plans de atención individualizados.
O servizo de orientación laboral promove a busca de emprego, a formación e a cualificación das persoas con dano cerebral adquirido, reforzando as súas capacidades e reducindo as súas limitacións. Inclúe información, asesoramento e acompañamento en tres áreas:
-
No eido da inserción sociolaboral, ofrécese:
-
Orientación e formación para a busca de emprego, con capacitación sobre alfabetización dixital, a elaboración de currículos, a preparación de entrevistas, o coñecemento das ferramentas de busca de emprego etc.
-
Mediación e información en empresas e outras entidades na busca de perfís de inserción e demandas de emprego.
-
Orientación e formación nos estudos a través da coordinación cos equipos de orientación dos centros educativos.
-
-
No eido do axuste persoal, ofrécese:
-
Fomento da autonomía persoal para a realización de actividades cotiás e de lecer no seu contexto social.
-
Realización de actividades de voluntariado na súa contorna máis próxima.
-
-
No eido das habilidades sociais, trabállase co obxectivo de que as persoas coñezan os seus puntos fortes e febles nas súas relacións sociais e que desenvolvan un repertorio de condutas de utilidade para os diferentes ámbitos da súa vida, incidindo especialmente no laboral.
O servizo baséase na realización de entrevistas e a definición de itinerarios personalizados de inserción, a través dos que se presta apoio integral e individualizado á persoa con dano cerebral adquirido en cada unha das fases do proceso:
-
Definición do obxectivo e perfil profesional da persoa a partir dos seus intereses e capacidades.
-
Elaboración do currículum vítae e das cartas de presentación.
-
Aprendizaxe de técnicas e recursos de busca de emprego e inserción laboral.
-
Preparación de entrevistas de traballo.
-
Asesoramento nos trámites administrativos se fora necesario.
-
Adaptación do posto de traballo e acompañamento na incorporación á empresa.
O servizo préstase a través do equipo de traballo social de Sarela.