Pezas audiovisuais elaboradas en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns co obxectivo de difundir información de interese dun xeito sinxelo.
Vídeo elaborado en 2021 por Dano Cerebral Galicia e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns a través do foro 'O Experto Responde' para conmemorar o 18 de abril, Día Europeo dos Dereitos das Pacientes (18 de abril). Na peza respóndense principais dúbidas sobre os dereitos que teñen as persoas con dano cerebral adquirido en tanto que pacientes do sistema público de saúde.
Vídeo elaborado en 2021 por Dano Cerebral Galicia e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns a través do foro 'O Experto Responde' para conmemorar o Día Mundial da Nutrición (28 de maio). Na peza explícanse as diferenzas entre alimentación e nutrición e danse pautas para unha inxestión saudable en función das adaptacións que precisa cada persoa segundo as secuelas do seu dano cerebral.
Vídeo elaborado en 2021 por Dano Cerebral Galicia e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns a través do foro 'O Experto Responde' para conmemorar o Día do Cerebro (22 de xullo). Na peza preséntanse unha serie de consellos para coidar o cerebro e mantelo san para previr o dano cerebral, así como para mantelo activo despois da chegada desta discapacidade.
Vídeo elaborado en 2021 por Dano Cerebral Galicia e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns a través do foro 'O Experto Responde' para conmemorar o Día da Persoa Coidadora (5 de novembro). Na peza preséntanse unha serie de consellos para que quen se ocupa dos coidados dunha persoa con dano cerebral se adaptar á nova situación, busque apoio e recursos, e non esqueza o autocoidado.
Vídeo elaborado en 2021 por Dano Cerebral Galicia e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns a través do foro 'O Experto Responde' para conmemorar o Día Mundial da Diabetes (14 de novembro) e o Día Mundial sen Alcol (15 de novembro). Na peza lémbrase a importancia de manter uns hábitos saudables para previr o dano cerebral adquirido.