Serie de vídeos destinados a facilitar a abordaxe da hixiene bucodental diaria de persoas con dano cerebral, elaborados en colaboración coa Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Os vídeos amosan situacións reais nas que se explican como debe realizarse o coidado bucodental a diario, tendo en conta as necesidades das persoas segundo o seu grao de autonomía.
Vídeo-titoriais sobre hixiene oral en persoas con dano cerebral adquirido cunha situación de dependencia severa, de dependencia moderada ou independentes. Impartidos pola doutora Eva González Rial, da Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais da USC, e coa colaboración do seu responsable, o doutor Pedro Diz Dios.
Estas pezas forman parte do proxecto 'Saúde oral e dano cerebral adquirido', posto en marcha por Dano Cerebral Galicia e a Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais da USC, dentro do programa 'Dano Cerebral Adquirido. Promove, Entende, Actúa', financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade a través da asignación tributaria do 0,7% do IRPF.
Vídeo-titoriais sobre hixiene oral en persoas con dano cerebral adquirido cunha situación de dependencia severa, de dependencia moderada ou independentes. Foron elaborados en colaboración coa Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, co apoio da asociación Dano Cerebral Santiago de Compostela.
Este material foi realizado grazas á concesión do 1º premio, na modalidade de pacientes, da 3ª edición dos Premios de Innovación en Saúde da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) ao proxecto 'A saúde oral, garantía do benestar das persoas con dano cerebral adquirido'.