A ‘Xuntanza de Persoas e Familias con dano cerebral adquirido’ é un encontro de carácter bianual orientado a xerar un espazo de convivencia entre persoas con dano cerebral, familias e integrantes das xuntas directivas e equipos profesionais de Dano Cerebral Galicia e as súas cinco federacións.
A actividade ten as súas raíces no Foro de Familias, unha reunión anual que se organizou entre 2012 e 2016 cun perfil divulgativo e formativo e que estaba dirixido unicamente a familiares.