Bolsa para estudantes con dano cerebral ou familiares de persoas coa nosa discapacidade no Colexio Maior San Agustín, en Santiago.
Dano Cerebral Galicia colabora co Colexio Maior San Agustín, en Santiago de Compostela, para ofrecer unha bolsa dirixida a estudantes de novo ingreso nunha titulación oficial de grao na Universidade de Santiago de Compostela (excluído o campus de Lugo). Esta bolsa está destinada á estadía universitaria durante o curso 2025/2026.
Requisitos
As persoas que desexen solicitar a bolsa deberán cumprir cos seguintes requisitos:
* Ser alumnado de novo ingreso que solicite admisión no 1º curso dun grao universitario oficial da Universidade de Santiago de Compostela cunha matriculación a tempo completo.
* Ter dano cerebral adquirido ou ser familiar, ata segundo grao de consanguinidade, sempre que esta resida no domicilio familiar, dunha persoa con dano cerebral adquirido socia dalgunha das entidades federadas de Dano Cerebral Galicia, a saber: Alento Vigo, Dano Cerebral A Coruña ADACECO, Dano Cerebral Lugo, Dano Cerebral Santiago de Compostela ou DCA Ourense.
* Ter solicitada a bolsa xeral do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes para o curso 2025/2026.
* Solicitar, de xeito paralelo á solicitude da presente bolsa, admisión no Colexio Maior San Agustín, segundo o procedemento establecido.
Que inclúe esta bolsa?
* Estancia completa no Colexio Maior San Agustín durante o curso 2025/2026 durante os meses de setembro de 2025 ata xuño de 2026, segundo o calendario oficial da Universidade.
* Pensión completa: almorzo, xantar e cea.
* Programa de seguimento, orientación e acollemento no colexio.
* Acceso ao programa formativo do Colexio Maior San Agustín, en igualdade de condicións co resto do alumnado (establécese un custo simbólico de matrícula para acceder ao programa formativo que deberá aboar o/a alumno/a).
Dotación da bolsa
* A persoa bolseira ingresará a parte da bolsa concedida polo Ministerio, con excepción da matrícula, en concepto de copagamento, ata cubrir o 50% da mensualidade do Colexio Maior San Agustín (535€/mes).
* No caso de que a bolsa concedida polo Ministerio de Educación e Formación Profesional non cubra o 50% da mensualidade do Colexio Maior, deberá abonarse a cantidade faltante até chegar a esa porcentaxe.
* De non ser concedida a bolsa do Ministerio, deberanse aboar 535€ mensuais, correspondentes ao 50% da cota.
* O Colexio Maior San Agustín asumirá o resto do custo mensual da praza.
Procedemento de solicitude
Para presentar correctamente unha solicitude débense seguir os seguintes pasos (ambos obrigatorios):
1. Realizar a solicitude de admisión no Colexio Maior San Agustín a través da seguinte ligazón:
https://www.cmusanagustin.com/admisiones/
2. Realizar a solicitude da bolsa seguindo os pasos indicados na seguinte ligazón: formulario de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 28 de abril de 2025 ao 22 de xuño de 2025.
Consulta aquí as bases da convocatoria (actualización do 9 de xuño de 2025).
Hai máis información en bolsa@danocerebralgalicia.org.