Dado o noso carácter aglutinador como federación, desde Dano Cerebral Galicia desenvolvemos accións dirixidas a potenciar a cohesión do movemento asociativo, a mellorar a cooperación e o traballo en rede coas nosas entidades, así como a reforzar o noso posicionamento e funcionamento institucional.
Esta liña de acción busca avanzar no crecemento da Federación a través do traballo conxunto coas entidades e da expansión do movemento asociativo. A meta concrétase en accións encamiñadas, por unha banda, a reforzar o traballo coordinado das asociacións co fin de homoxeneizar procedementos e mellorar a prestación de servizos e; por outra, a aumentar o tecido asociativo e a base social do movemento representativo do dano cerebral en Galicia.

Bolsa CMU San Agustín
Bolsa para estudantes con dano cerebral ou familiares de persoas coa nosa discapacidade no Colexio Maior San Agustín, en Santiago.

Encontro formativo de profesionais
Xornada anual de convivencia e formación das persoas traballadoras da Federación e das súas cinco entidades.

Xuntanza do movemento asociativo
Reunión de carácter lúdico e festivo dirixida á totalidade do movemento asociativo.
Esta liña de acción busca fortalecer a estrutura da Federación para mellorar os procesos de organización e xestión e asegurar a sustentabilidade económica. A meta concrétase en accións orientadas a reforzar a estrutura, a organización interna e a acción operativa en todos os niveis; a promover a diversificación na captación de fondos; e a mellorar a optimización dos recursos e avanzar na xestión de calidade e a organización de procesos.

STOP Fenda Dixital
Programa orientado ao impulso da dixitalización da Federación a través da implantación de recursos e medios tecnolóxicos, así como da capacitación neste eido das persoas e familias con dano cerebral adquirido.