Neste apartado hai unha selección de materiais, de elaboración propia e xerado por outras entidades e institucións, que facilitan a atención e o coidado das persoas con dano cerebral adquirido tanto no ámbito domiciliario como desde a intervención profesional.
Aquí podes atopar documentos útiles e de fácil lectura destinados a axudar a familias, persoas coidadoras e tamén a quen ten dano cerebral adquirido a abordar a nova situación. A sensación de confusión, a incerteza, as dúbidas e, ás veces, a dificultade para atopar información especializada son habituais cando unha persoa ten unha súbita lesión cerebral que deriva nunha discapacidade. Os materiais dispoñibles ofrecen información e consellos prácticos tanto para as diferentes etapas polas que pasa unha persoa con dano cerebral adquirido como para as distintas dimensións vitais que poden verse alteradas pola aparición da discapacidade.
Guía legal para persoas con dano cerebral adquirido. Aproximación á Lei 8/2021e a outras normativas de interese para o colectivo
Publicación que, con unha linguaxe sinxela e accesible, detalla os principais cambios introducidas pola Lei 8/2021 no exercicio da capacidade xurídica das persoas con discapacidade, abordando a substitución da antiga tutela polo novo sistema de apoios, así como outros aspectos normativos o baremo da discapacidade, o patrimonio e as herdanzas e as instrucións previas no ámbito médico.
Guía de Ayudas Sociales y Servicios para las familias (2023)
Documento que ofrece información actualizada ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, os beneficios e os servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración Xeral do Estado.
Cousas que debes saber sobre o dano cerebral adquirido cando alguén da túa familia está no hospital
Documento de consulta para que familias e persoas próximas de quen tivo subitamente unha lesión cerebral poidan resolver as dúbidas e reducir a confusión e desorientación habituais despois de os primeiros momentos. A publicación ofrece definicións sinxelas que axudan a poñer nome e comprender as características da nova realidade, expón información sobre dereitos e recursos de apoio, atención e rehabilitación existentes en Galicia e presenta pautas básicas para proporcionar coidados e apoio básico a persoas con dano cerebral adquirido.
Defensa de derechos de las personas con daño cerebral. Guía para familias
Guía de aproximación ás modificacións introducidas pola Lei 8/2021 no exercicio da capacidade xurídica das persoas con discapacidade.
Estados alterados de conciencia tras el daño cerebral. Guía para familias
Documento dirixido a familias e persoas coidadoras con información práctica para resolver dúbidas e afrontar o proceso no que unha persoa se atopa en coma, en estado vexetativo ou nun estado de mínima conciencia durante o seu paso pola UCI e planta hospitalaria e trala alta médica.
Daño cerebral y familias. Atención psicológica a familiares de personas con traumatismo craneoencefálico por accidentes de tráfico
Documento aborda o impacto no entorno máis próximo dunha persoa que ten dano cerebral, con recomendacións para afrontar perdas e técnicas de soporte e intervención para familias.
Guía de orientación para familiares, amigos y cuidadores de personas con daño cerebral
O texto ofrece indicacións sinxelas sobre as diferentes etapas na evolución do dano cerebral desde os primeiros momentos da lesión co fin de servir de apoio a familiares, amizades e persoas coidadoras, así como responder a algúns dos interrogantes que xorden arredor da discapacidade.
Guía de Familias
Publicación dirixida a familias e persoas coidadoras de persoas con dano cerebral con información relevante para resolver as principais dúbidas e acompañar na comprensión da rrealidade da discapacidade desde o momento da súa aparición.
Recomendacións prácticas para o uso das TIC e da comunicación en persoas con dano cerebral
Documento con pautas para introducir o emprego das novas tecnoloxías na abordaxe da intervención logopédica no dano cerebral.
Manual de higiene oral para personas con discapacidad
Publicación dirixida a profesionais da saúde oral e persoas coidadoras centrada en ofrecer información práctiica para o coidado bucodental de persoas con discapacidade.
Aquí podes atopar publicacións de carácter técnico e/ou divulgativo centradas na atención profesional do dano cerebral en distintos ámbitos (rehabilitación, desenvolvemento da autonomía persoal, benestar emocional e físico, inserción sociolaboral, ocio e tempo libre etc). Tamén se ofrece documentación relevante sobre o sistema sociosanitario en relación ao dano cerebral adquirido e ás discapacidades en xeral.
Actualización do plan de asistencia ao ictus en Galicia (Código Ictus)
Documento que actualiza as directrices de actuación ante un ictus no sistema público de saúde galego a partir dos últimos avances no diagnóstico por neuroimaxe e das melloras no tratamento endovascular.
Manual de cuidados paliativos en el paciente con ictus
Publicación que recolle recomendacións do grupo de estudo de enfermidades cerebrovasculares da Sociedade Española de Neuroloxía para desenvolver as habilidades necesarias en comunicación, definición de obxectivos, toma de decisións, manexo de síntomas e coidados específicos no final da vida de persoas con ictus grave.
Daño cerebral adquirido: orientación para el profesorado
Guía dirixida á comunidade educativa con información para resolver dúbidas sobre o dano cerebral adquirido infantil e ofrecer pautas para a inclusión de alumnado que teña esta dispacidade.
Guía de orientación para la formación de adultos con daño cerebral
Guía dirixida á comunidade educativa con información sobre o dano cerebral adquirido e pautas para a inclusión en recursos educativos formais e informais de alumnado que teña esta discapacidade.
Promoción de la vida independiente a través de la asistencia personal en daño cerebral adquirido
Caderno técnico para o deseño de proxectos de asistencia persoal dirixido a entidades que atenden a persoas con DCA en contextos de inclusión social (residencias, pisos supervisados, asociacións etc).
Protocolo para la atención a mujeres con discapacidad víctimas de violencia
O documento contextualiza a violencia contra as mulleres con discapacidade, inclúe un balance dos protocolos de coordinación institucional e do ámbito sanitario e ofrece unha ruta de acción para a detección, valoración e intervención de mulleres e nenas con discapacidade vítimas de violencia.
Menores y daño cerebral. Atención psicosocial a menores con daño cerebral y sus familias
Caderno técnico que detalla as necesidades e intervencións especializadas dentro do itinerario de atención sociosanitaria dos menores con dano cerebral e as súas familias desde as diferentes perspectivas dos profesionais implicados. Está dirixida principalmente a profesionais que atenden a familias e persoas con dano cerebral infantil en contornas non especializadas, comor unha escola ou un centro de saúde.
Buenas prácticas e innovación para mejorar la calidad de vida de las personas con daño cerebral y sus familias
Caderno técnico con información detallada para a elaboración execución e valoración de proxectos eficaces de mellora da autonomía persoal, de intervención comunitaria, de atención a familiares de persoas con dano cerebral e xestión de recursos especializados, amosando experiencias concretas.
Escala CAVIDACE. Evaluación de la calidad de vida de personas con daño cerebral
A publicación expón a escala CAVIDACE, un instrumento pioneiro no ámbito internacional polo enfoque psicosocial de avaliación global da calidade de vida da persoa con dano cerebral, realizada polo Instituto Universitario de Integración a Comunidade (INICO) da Universidade de Salamanca.
Inclusión sociolaboral de personas con daño cerebral
Caderno técnico con ferramentas metodolóxicas para abordar aspectos específicos na orientación e intermediación sociolaboral e a elaboración e deseño de proxectos de inclusión sociolaboral de persoas con DCA, así como exemplos de boas prácticas neste eido.
Planificación y gestión de proyectos en las asociaciones de daño cerebral
Caderno técnico que sistematiza unha base metodolóxica para a planificación e xestión de proxectos para persoas con dano cerebral adquirido a partir da aplicacion do enfoque do marco lóxico.
Modelo de atención a las personas con daño cerebral
Informe técnico que recolle os principios, características e recursos que deben rexer a atención ao dano cerebral adquirido dos servizos sociosanitarios en todo o Estado español.