- Ámbito
- A Lanzada
- Data
Actividade organizada polo Servizo de Información e Asesoramento de Dano Cerebral Santiago de Compostela.
O pasado 17 de xullo, un grupo de persoas con dano cerebral adquirido de Dano Cerebral Santiago de Compostela participou nunha sesión de pádel surf adaptado na praia da Lanzada. A actividade, cunha duración dunha hora e media, desenvolveuse nas instalacións de Mission Surf School e permitiu ás persoas participantes gozar dunha experiencia deportiva inclusiva.
Entre as asistentes contábanse varias persoas do Grupo de Primeira Persoa que, á súa vez, forman parte da Rede de Cidadanía Activa de Persoas con Dano Cerebral.
A actividade, organizada polo Servizo de Información e Asesoramento da asociación de dano cerebral, realizouse por primeira vez dentro da programación anual de lecer da entidade.
Con iniciativas coma esta créanse espazos para compartir, descubrir novas experiencias e fomentar a participación activa das persoas con dano cerebral adquirido. Ademais, continúase coa liña de traballo en deporte acuático, complementando a iniciativa Nado Polo Dano Cerebral.
Desde o ano pasado, nove persoas de Dano Cerebral Santiago de Compostela participaron no proxecto, e todas elas culminaron a 3ª Travesía a Nado Polo Dano Cerebral.