- Ámbito
- Lugo
- Data
Unha mañá diferente empregando outra maneira de estimular a mente e a imaxinación, traballar as habilidades manuais, e moito máis.
O 28 de xaneiro foi o Día Internacional do Lego, e serviu de excusa en Dano Cerebral Lugo para pasar unha mañá diferente e divertida.
Organizaron un obradoiro de construción onde estimularon ao máximo a creatividade das persoas con dano cerebral adquirido deseñando todo tipo de elementos coas pezas de lego.
As pezas do xogo teñen unha grande utilidade para estimular a mente e para traballar as habilidades manuais. Ademais, o seu uso implica un cambio na rutina.