- Ámbito
- A Coruña
- Data
Entrevistáronse cunha persoa usuaria no marco dun proxecto de accesibilidade para estudar solucións ás súas barreiras diarias.
Un grupo de estudantes de 2º curso do grao de Terapia ocupacional da Universidade da Coruña realizou unha visita a Dano Cerebral ADACECO A Coruña.
A visita tivo lugar no marco dun proxecto no que colaboran a Universidade da Coruña, ENKI e Ikea España, e que ten como obxectivo mellorar a accesibilidade e a calidade de vida nos fogares de persoas con discapacidade.
O alumnado de Terapia ocupacional centrouse no caso dunha persoa usuaria da entidade, Maribel, a quen entrevistaron para coñecer as súas necesidades, analizar e propoñer solucións con respecto ás súas barreiras diarias, e facer que o seu fogar sexa máis accesible.
O proxecto leva en marcha desde 2024, e xa asesorou a outra persoa con dano cerebral adquirido con anterioridade.