- Ámbito
- Ourense
- Data
Un usuario de DCA Ourense emprega a Wii para conducir e de paso adestrar capacidades coa neuropsicóloga mentres se divirte.
Jose bota de menos conducir, pero polo momento non lle é posible polos problemas de atención e coordinación que ten despois do dano cerebral adquirido.
A neuropsicóloga de DCA Ourense atopou unha solución creativa empregando un videoxogo: adestra con Jose a dobre tarefa e a atención co Mario Kart da Wii. Trátase dun xogo de acción no que se organizan carreiras e competicións. Ademais, a consola mellora a experiencia achegándolle realismo cun mando coa forma dun volante real.
Como a tarefa supón unha verdadeira diversión, ao desenvolver a tarefa que bota en falta, implica un estímulo máis para a rehabilitación e recuperación funcional.