- Ámbito
- A Coruña
- Data
Dano Cerebral A Coruña ADACECO resume o programa de rehabilitación física dun dos seus usuarios nas dúas disciplinas profesionais.

"Javier en acción" é o título que Dano Cerebral A Coruña ADACECO deu á imaxe da noticia, na que Javier, un usuario da entidade, traballa coa terapeuta ocupacional practicando o agarre dun garfo adaptado.
Nas sesións coa terapeuta, Javier practica exercicios sobre actividades reais, grazas aos que mellora na forza, precisión e coordinación das mans, facilitando accións da vida diaria como esta tan básica: alimentarse.
Cun abano de secuelas común nas persoas que atenden as nosas asociacións, Javier acode tamén a sesións de fisioterapia nas que traballa o fortalecemento e potencia a capacidade de carga da perna máis afectada polo dano cerebral cando está de pé.
Todos estes exercicios, cotiáns e diarios, son fundamentais para a recuperación da mobilidade e da autonomía tralo dano cerebral adquirido.