- Ámbito
- Online
- Data
O 90% dos casos de ictus, a principal causa do dano cerebral adquirido, pódense previr cuns hábitos saudables.
A Federación Mundial de Neuroloxía (World Federation of Neurology) impulsou a conmemoración do Día Mundial do Cerebro cada 22 de xullo. Este ano decidiron lembrar, co lema 'Saúde cerebral para todas as idades', a necesidade de manter uns hábitos saudables para protexer, desde as idades máis temperás, o noso benestar neurolóxico.
Segundo a Sociedade Española de Neuroloxía, o 90% de casos de ictus pódese evitar mantendo uns hábitos de vida saudable. Este modo de vida contribúe, ademais, a facer que o cerebro sexa máis resiliente á hora de afrontar situacións de discapacidade ou de dependencia. O ictus está detrás do 78% de casos de dano cerebral, polo que existe unha relación directa entre unha vida saudable, desde a infancia ata a vellez, e a prevención da nosa discapacidade.
Como coidar o meu cerebro?
*Practica exercicio con regularidade.
*Segue unha dieta equilibrada.
*Coida a saúde mental, evita o estrés.
*Atende os controis médicos periódicos, especialmente no caso de ter hipertensión, diabetes ou calquera outro factor de risco.
*Descansa e dorme ben.
*Non fumes nin consumas drogas.
*Exercita o teu cerebro con novas actividades musicais, deportivas, culturais, aprendendo idiomas, lendo, viaxando, xogando...
Podes afondar nestas recomendacións aquí.