- Ámbito
- Ourense
- Data
A área de fisioterapia de DCA Ourense traballa para mellorar a capacidade de realizar movementos de xeito preciso e ordenado.
Entre as moitas secuelas que se poden presentar trala chegada do dano cerebral adquirido está a coordinación, a capacidade de realizar os movementos corporais de maneira precisa, rápida e ordenada. DCA Ourense traballa para mellorar esta capacidade desde a área de fisioterapia e preséntanos o caso de Carlos.
Para reforzar as súas capacidades a nivel motor, a fisioterapeuta comeza por pautarlle a realización de pequenos saltos e a apertura de ambas pernas. A continuación increméntase a dificultade coa apertura de brazos. Finalmente, engádese un step para aumentar a altura e que o salto teña que ser máis forte. Aínda que ao principio lle resulta máis complicado, a medida que se repite e adestra, este exercicio é máis doado para Carlos.