- Ámbito
- Galicia
- Data
A Xunta de Galicia certifica o compromiso de Dano Cerebral Galicia na prevención, sensibilización e identificación no eido laboral.
Dano Cerebral Galicia vén de obter o recoñecemento como 'Empresa galega comprometida coa detección da violencia de xénero', que emite a Xunta de Galicia co obxectivo de certificar os esforzos destinados á identificación de posibles casos, así como á sensibilización e prevención no ámbito laboral.
A Xunta elaborou a Guía de indicios para empresas: detección de vítimas de violencia de xénero, que Dano Cerebral Galicia se compromete a difundir dentro do
Ademais, a guía proporciona orientación sobre como actuar no caso de identificación de posibles casos, e achega información sobre dereitos laborais e recursos de atención especializada.
Plan de Igualdade
Dano Cerebral Galicia conta cun Plan de Igualdade vixente no período 2023-2027 que inclúe á súa vez o compromiso coa loita contra a violencia de xénero, prevendo a difusión de materiais sensibilizadores e de prevención cando menos unha vez dentro do devandito período.
Tamén regula que se debe dispoñer de materiais sobre actuación na contorna laboral con vítimas de violencias machistas, un arquivo ao que agora pasa a incorporarse a Guía da Xunta de Galicia.