- Ámbito
- A Coruña
- Data
O certame educativo e solidario terá a Dano Cerebral A Coruña ADACECO como unha das asociacións beneficiarias.
O pasado mércores 24 de setembro presentouse na sede de Afundación, na Coruña, a nova edición do Festival Intercentros 2026. Dano Cerebral A Coruña ADACECO é unha das asociacións beneficiarias, xunto con Boanoite, deste certame solidario.
A organización do festival marcouse como obxectivo alcanzar a cifra 1.000 alumnos/as rexistrados/as na gala final, que se celebrará no Coliseum da Coruña. As crianzas e mozos/as participan presentando propostas musicais artísticas con valores solidarios.
O Festival Intercentros consolidouse como unha cita de referencia na cidade, reunindo a estudantes de diferentes centros educativos arredor da música e do talento novo.
No acto de presentación estiveron presentes Juan Luis Delgado, presidente de Dano Cerebral A Coruña ADACECO, Manuela Candal, a representante da entidade coruñesa na Xunta Directiva de Dano Cerebral Galicia, e Natalia de Llano, directora da asociación.