- Ámbito
- Ourense
- Data
As profesionais reforzan o emprego da man afectada polo dano cerebral favorecendo a realización dunha actividade real e significativa.
A primeira vista, atendendo á imaxe, pode parecer que se está a practicar algo tan cotián como levar a comida á boca, pero detrás deste xesto hai moito traballo terapéutico.
Tras a chegada do dano cerebral adquirido, ocupacións que antes realizabamos de forma automática poden requirir unha reaprendizaxe. Nesta ocasión, o servizo de Terapia ocupacional de DCA Ourense traballa con Pepe para reforzar o emprego da man esquerda, que é o que ten unha maior dificultade motora, durante a alimentación, favorecendo a súa integración nunha actividade real e significativa.
Porque no proceso de rehabilitación non se trata só de mover unha man ou de coller unha culler... trátase de recuperar autonomía, confianza e participación nas ocupacións que forman parte do noso día a día.
E si, ao final tamén hai unha recompensa: un bo bocado!