- Ámbito
- Galicia
- Data
Despois de consultar á cidadanía na rúa polo seu coñecemento desta actividade económica, dámoslle voz aos seus equipos técnicos.
As entidades organizadas arredor da EAPN Galicia aproveitamos a estrea da conmemoración do Día Nacional do Terceiro Sector de Acción Social, o pasado 9 de outubro, para estrear a campaña #OrgulloTerceiroSector. Con ela queremos trasladar á poboación a importancia deste sector como complemento dos servizos sociais públicos e tamén como activo económico en si mesmo, representando o 1,44% do PIB en España.
Se comezamos cunha consulta na rúa, agora damos voz aos equipos profesionais das nosas entidades, que defenden o seu "orgullo" de traballar no terceiro sector salientando diferentes aspectos que fan da ocupación neste campo algo máis que un posto de traballo.
En Dano Cerebral Galicia consultamos á responsable de Proxectos e traballadora social, Carla Miranda; ao xestor económico e responsable de RRHH Adolfo M. González; e á técnica de formación e logopeda Noelia Rivadas. isto foi o que manifestaron:
Primeira parte da campaña: unha consulta cidadá
A campaña comezaba en outubro, cando nos lanzamos á rúa para consultar á poboación sobre o seu coñecemento sobre o Terceiro Sector. Se ben resultou ser unha etiqueta bastante descoñecida, a súa actividade e os beneficios sociais que implica si tocan, dun ou outro xeito, a todas as persoas entrevistadas.
Estas son as preguntas formuladas:
- Que é o Terceiro Sector?
- Que servizos ofrece?
- Que diferenzas hai coa empresa privada? E coa administración?
- Cres que é fundamental na sociedade? Por que?
- En tres palabras, como definirías a unha persoa que traballa no Terceiro Sector?
O listado completo de vídeos pode consultarse aquí.