- Ámbito
- Ourense | A Coruña
- Data
Impartidos pola terapeuta ocupacional, inclúen asesoramento individualizado e información sobre recursos de préstamo.
A terapeuta ocupacional de Dano Cerebral Galicia vai impartir este mes dous obradoiros de produtos de apoio para persoas con dano cerebral adquirido. A participación está aberta a persoas con dano cerebral, familiares, coidadores/as, formais ou informais, estudantado e, en definitiva, calquera persoa interesada no tema.
O obxectivo é aumentar o coñecemento sobre este tipo de dispositivos de utilidade para a vida diaria, informando sobre cales son os máis recomendables nas secuelas máis comúns do dano cerebral adquirido.
O temario percorre os principais produtos, inclúe un apartado de prescrición e asesoramento, vai presentar o noso Servizo de asesoramento e préstamo de produtos de apoio e, por último, realizará asesoramento individualizado ás persoas asistentes.
Haberá dúas sesións, en Ourense e na Coruña, con 10 prazas dispoñibles en cada localidade. A inscrición é de balde e realízase online:
- DCA Ourense
(Rúa Clara Campoamor, 15 - Ourense)
16/03/2026 | 16:00 a 17:00
Formulario de inscrición
- Dano Cerebral A Coruña ADACECO
(As Xubias de Arriba, 15 - A Coruña)
18/03/2026 | 16:00 a 17:00
Formulario de inscrición
Os obradoiros contan coa colaboración de Dano Cerebral A Coruña ADACECO e de DCA Ourense e co apoio da Deputación da Coruña e da Consellería de Política Social e Igualdade, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan ‘X Solidaria’ na súa declaración da renda.