- Ámbito
- UE
- Data
Un sinxelo código QR nas papeletas con máis información facilitaría o exercicio deste dereito.
O Grupo Social ONCE lanzou unha campaña polo dereito ao voto accesible nas eleccións ao Parlamento Europeo, que se celebran entre o 6 e o 9 de xuño deste ano.
A demanda é moi sinxela: que se inclúa un QR nas papeletas que achegue máis información e en diferentes formatos. Este mecanismo xa se probou con éxito en diferentes países, e comprobouse que permite votar "de forma libre, autónoma e secreta".
Por iso ONCE reivindica nas redes sociais o #DereitoAoVotoAccesible #DerechoAlVotoAccesible, e convida a toda a poboación a sumarse ao hashtag.