- Ámbito
- Ourense
- Data
DCA Ourense organiza semanalmente sesións grupais de estimulación cognitiva nas que se traballan a atención e a concentración.

DCA Ourense organiza cada martes un Obradoiro de Memoria no seu Centro de día Terapéutico. A estimulación cognitiva é unha parte fundamental para manter o benestar e a saúde mental das persoas con dano cerebral, e a memoria é unha das áreas que se traballan nese contexto.
Os obradoiros de memoria son actividades especificamente deseñadas para mellorar a súa funcionalidade e capacidade. Estas actividades permiten ás persoas manterse activas, conectadas coa contorna, máis produtivas e satisfeitas coa súa vida. Melloran a súa capacidade de procesamento da información, memoria a curto e longo prazo, atención e concentración, entre outras habilidades.
Entre as vantaxes ou factores terapéuticos destes obradoiros grupais, fronte ás sesións individuais, cabe destacar que o feito de observar que existen outras persoas con problemas e situacións similares evita a sensación de soidade e illamento, e auméntase a autoestima ao sentirse valorado e aceptado polos demais.
Os obxectivos iniciais destes obradoiros son os seguintes:
- Estimular/manter as capacidades cognitivas
- Evitar a desconexión da contorna e fortalecer as relacións sociais.
- Dar seguridade e incrementar a autonomía persoal das persoas usuarias.
- Estimular a propia identidade e autoestima.
- Minimizar o estrés e evitar reaccións psicolóxicas anormais.