- Ámbito
- Lugo
- Data
A educadora social de Dano Cerebral Lugo impartiu unha sesión para familiares e persoas con dano cerebral adquirido.
A educadora social de Dano Cerebral Lugo, Laura Rodríguez, impartiu no mes de novembro un obradoiro titulado 'Fai as túas compras de Nadal de xeito seguro'. Este obradoiro, de hora e media de duración, dirixiuse tanto a familiares como a persoas con dano cerebral adquirido, e contou con catro asistentes.
A sesión informativa estivo enmarcada na liña de traballo para a redución da Fenda Dixital desenvolvida pola asociación. Pretendeu, por unha banda, reforzar o traballo de alfabetización e capacitación dixital, ao adestrar ás persoas asistentes no uso das ferramentas. Pero non queda aí, senón que pretende amosar un uso crítico da tecnoloxía, axudando a reforzar a seguridade coa que as persoas realizan actividades de compra online, axudando a previr estafas e outros riscos.
Os contidos específicos que se revisaron no obradoiro versaron sobre seguridade e privacidade, como detectar páxinas fraudulentas, tipos de contrasinais e verificación, o phishing, métodos de pagamento (tarxeta virtual, Apple e Google Pay, Paypal...) e dereitos da persoa consumidora.