- Ámbito
- Ourense
- Data
DCA Ourense explica o traballo de rehabilitación neuropsicolóxica da apraxia a través de diferentes actividades.
En ocasións, tras un dano cerebral adquirido a conexión entre algunhas áreas interrómpese e non funciona como debería. Como consecuencia. algunhas cousas aparentemente sinxelas vólvense complicadas.
Os danos frontoparietais no hemisferio dominante para a linguaxe poden producir o que chamamos apraxias ideomotoras. A interrupción na conexión das áreas de linguaxe coas encargadas de secuenciar movementos pode provocar dificultades para realizar de forma motora o que nos piden. Aínda que a persoa queira realizar unha acción e teña a capacidade física necesaria, non é capaz.
Este é o caso de Jose, un usuario de DCA Ourense. Na imaxe vense as súas mans nunha sesión de rehabilitación en neuropsicoloxía, traballando a coordinación motora a través de ordes verbais e imitación.