- Ámbito
- Galicia
- Data
Promóvese a capacitación a nivel de apoio no fogar; alimentación e nutrición e deglutición; ou autocoidados para coidadoras.
A convocatoria Solidarios Nacionales do Grupo Tragsa está concibida para desenvolver accións de inclusión e dinamización nos concellos de menos de 5.000 habitantes, é dicir, nas áreas máis dispersas e rurais.
Dano Cerebral Galicia aproveita este 2026, por terceiro ano -tras desenvolver proxectos en 2023 e 2024-, unha convocatoria que lle permite chegar a zonas de Galicia máis afastadas ou reducidas con diferentes accións de sensibilización e capacitación.
Co obxectivo de fomentar a autonomía persoal e de mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias, o proxecto que apoia o Grupo Tragsa impulsa os coidados especializados e accións de prevención, sensibilización, formación e promoción da saúde no medio rural galego.
Aproximación ao dano cerebral adquirido
Os concellos de Vilasantar, Portomarín e Irixoa van ser escenario, a partir de setembro, da nosa sesión informativa de Aproximación ao dano cerebral adquirido. Unha charla aberta, dirixida a todo tipo de público, destinada a dar a coñecer a nosa discapacidade, a promover a sensibilización sobre as súas causas e a informar sobre as secuelas e recursos de atención dispoñibles.
- Vilasantar: 15 de setembro | 11:00 a 12:30 | Local Social de Présaras | Inscrición no 981 778 257 (Servizos sociais de Vilasantar) ou a través do formulario en liña | Colabora o Concello de Vilasantar | Financia tamén a Consellería de Política Social e Igualdade
- Portomarín: 21 de setembro | 12:00 a 13:30 | Pazo Xeral Paredes (Praza do Camiño) | Inscrición no 982 545 070 (Concello de Portomarín) ou presencialmente na oficina de Servizos sociais | Colabora o Concello de Portomarín | Financia tamén a Consellería de Política Social e Igualdade
- Irixoa: 6 de outubro | 16:30 a 18:30 | Biblioteca municipal | Inscrición no 981 793 001 (Concello de Irixoa) ou presencialmente na oficina de Servizos sociais | Colabora o Concello de Irixoa | Financia tamén a Consellería de Política Social e Igualdade
- Monterroso: 22 de outubro | 17:00 a 18:30 | Salón de Actos do Centro Sociocultural de Xuventude e Terceira Idade (Rúa Mestre Losada, 5) | Inscrición no 982 377 814 (Concello de Monterroso) ou a través do formulario en liña | Financia tamén a Consellería de Política Social e Igualdade
En febreiro organizouse tamén unha sesión informativa no Concello de Piñor.
Obradoiro de Autocoidados
A promoción do autocoidado das persoas coidadoras, na súa maioría mulleres, é outra das liñas de traballo deste programa. A través dun obradoiro de dúas horas e media de duración, as persoas asistentes capacítanse para comprender mellor o dano cerebral, achegar uns coidados de maior calidade, e reflexionar sobre o reparto dese labor e a procura de tempo e espazo para o descanso e o autocoidado.
O Pino: 24 de setembro | 17:00 a 19:30 | Centro Sociocultural Luís Seoane | Inscrición no 981 511 002 ext. 5 ou presencialmente nos Servizos Sociais | Colabora o Concello de O Pino | Certificado de superación emitido pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns
Dodro: 29 de setembro | 17:00 a 19:30 | Casa da Cultura de Dodro | Inscrición no 981 802 466 (Servizos Sociais do Concello de Dodro) ou a través do formulario en liña | Colabora o Concello de Dodro | Financia tamén a Deputación da Coruña | Certificado de superación emitido pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns
San Sadurniño: 8 de outubro | 17:30 a 20:00 | Casa da Xuventude de San Sadurniño
Mesía: 20 de outubro | 17:30 a 19:30 | Local social de Fachas (Cumbraos) | Inscrición no 881 943 148 ou no 652 770 653 (Dano Cerebral Galicia), ou presencialmente na Asociación de Veciños/as de Cumbraos | Colabora a AVV de Cumbraos | Financia tamén a Deputación da Coruña
Anteriormente, en maio, tíñase organizado unha sesión en Beade, en colaboración coa asociación de Mulleres Rurais FADEMUR, que contou tamén con financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade.
Formación programada no Concello de Mesía
Son dúas as formacións que están programadas para o mes de setembro no Concello de Mesía.
A primeira delas, sobre o 'Apoio no fogar de persoas con dano cerebral adquirido', repártese en tres sesións que van ter lugar o 15 e 16 de setembro de 16:00 a 19:00, e o 23 do mesmo mes de 16:00-20:00. Este curso organízase na Casa da Cultura de Mesía (en Xanceda). Conta tamén co apoio da Fundación La Caixa e coa colaboración co Concello de Mesía.
As persoas asistentes recibirán un certificado de superación do curso emitido pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns. A inscrición pode tramitarse chamando ao 689 083 144 (Dano Cerebral Galicia) ou neste formulario.
A segunda está dedicada á 'Alimentación, deglutición e nutrición. Abordaxe no dano cerebral adquirido'. O espazo será o mesmo: a Casa da Cultura de Mesía. A cita é o 21 de setembro de 16:00-20:30. Nesta ocasión colabora igualmente o Concello de Mesía e financia tamén a Deputación da Coruña.
As persoas asistentes recibirán un certificado de superación do curso emitido pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns. A inscrición pode tramitarse chamando ao 689 083 144 (Dano Cerebral Galicia) ou neste formulario.
Actividades infantís no rural
Os nenos e nenas e a súa capacitación tamén teñen oco nesta convocatoria. No marco do proxecto de Solidarios Nacionales, leváronse a diferentes escolas os obradoiros infantís baseados no conto de Os Bolechas Mireia conta que é o dano cerebral adquirido, e tamén sesións informativas da iniciativa de prevención do ictus Fast Heroes.
En concreto, organizáronse obradoiros de Os Bolechas en abril (O Irixo) e maio (Cervo), e de Fast Heroes en marzo (Cariño e Muíños) e maio (Abadín).