- Ámbito
- Madrid
- Data
Este servizo vai estar xestionado pola Dirección Xeral de Tráfico e contará con profesionais do traballo social, psicoloxía e dereito.
O ano 2026 vai ver a posta en marcha dunha medida incluída na Estratexia de Seguridade Viaria 2030 do Ministerio de Interior: a creación dunha liña de atención telefónica para as vítimas de accidentes de tráfico. Esta liña vai estar asociada ao número 018.
A medida dá resposta a unha reivindicación histórica do tecido asociativo creado polas vítimas de accidentes de tráfico, co obxectivo de dotalas dun servizo de información, orientación e acompañamento de carácter público.
O Ministerio para a transformación dixital e da función pública resolveu que a liña de atención telefónica teña atribuído o número 018, e abriu un prazo de alegacións públicas do 15 de outubro ao 17 de novembro. Está previsto que os trámites finalicen ao longo do que queda de 2025 e que o servizo se poña en marcha nos primeiros meses de 2026.
Alcance do servizo
O 018 vai estar xestionado pola Dirección Xeral de Tráfico (DGT) e vai ser anónimo, confidencial e gratuíto.
Ofrece información, orientación e seguimento de casos, e vai contar con profesionais de traballo social, psicoloxía e dereito para xestionar a atención. Ademais, coordinará ás persoas atendidas coas asociacións de vítimas de accidentes.
Os traumatismos cranioencefálicos por accidentes de tráfico son a segunda causa de dano cerebral adquirido. Hai que lles engadir boa parte dos laborais, que se producen in itinere. As asociacións de dano cerebral adquirido forman parte do soporte de atención co que poden contar as vítimas de accidentes que teñan secuelas neurolóxicas, é dicir, dano cerebral.