- Ámbito
- A Coruña
- Data
A asociación compartiu a recadación da gala educativa, musical e solidaria celebrada o 13 de marzo xunto coa entidade Boanoite.
O Festival Intercentros naceu no colexio S. Domingo Fesd da Coruña (Galicia) en 2002, co obxectivo de ofrecer unha actividade educativa que incorporara a música e a arte como medios de expresión da sensibilidade do alumnado do centro.
No encontro participan centros educativos e escolas e academias de música de toda a cidade, con coreografías ou con música e canto en directo. Hai diferentes categorías en función da procedencia e da idade e/ou nivel educativo dos nenos e nenas participantes.
Desde o inicio, o Festival Intercentros contou cun carácter solidario, dedicando a súa recadación a diferentes colectivos e iniciativas sociais. Na súa edición de 2026 asignou os fondos solidarios recollidos a Dano Cerebral A Coruña ADACECO e á asociación Boanoite.
A final do festival tivo lugar o pasado 13 de marzo. Ademais da recadación, un grupo de persoas da entidade tivo a oportunidade de acudir e gozar da festa.