- Data
Os accidentes son menos lesivos canto máis amodo se conduce polo que se reduce o risco de dano cerebral.
O Consello de Ministros aprobou en decembro rebaixar a velocidade máxima á que se poderá circular por estradas convencionais a 90 km/hora. Esta medida entra en vigor o martes 29 de xaneiro.
A modificación está acompañada da campaña da DGT 'Menos velocidade, máis vidas na estrada. Mellor máis amodo'.
O organismo regulador do tráfico pretende concienciar á poboación dos perigos do exceso de velocidade. Por unha banda, os accidentes son máis lesivos canto máis rápido se circula. Redúcese a distancia de freado e pódese producir máis doadamente a perda do ángulo de visión.
Por outra banda, a velocidade está detrás de moitas saídas da vía, que son o tipo de accidente máis frecuente nas estradas convencionais. Tamén está relacionada coa perda de control do vehículo, a invasión do carril contrario...
A DGT considera que, diminuíndo o límite de velocidade, pódese axudar a reducir o número de accidentes e tamén a gravidade dos mesmos. É dicir, o número de vítimas mortais e persoas lesionadas.
Oas accidentes son a segunda causa do dano cerebral adquirido, polo que, se descende o seu número, reducirase tamén a incidencia desta discapacidade.
O movemento asociativo do dano cerebral traballa en colaboración coa DGT na organización de obradoiros de seguridade viaria e no desenvolvemento de campañas de sensibilización e prevención.
Máis información na páxina web DGT.