- Ámbito
- Galicia
- Data
A Xunta Directiva de Dano Cerebral Galicia deu o visto bo ás políticas de conflitos de interese, selección de provedores e xestión das doazóns.
Co obxectivo de mellorar permanentemente a calidade dos procesos e a transparencia da xestión, a Xunta Directiva de Dano Cerebral Galicia aprobou na súa última reunión, o 1 de xullo, tres novos documentos reguladores.
Política de conflitos de interese
Este documento establece un marco para a prevención, identificación e xestión de posibles conflitos de interese, garantindo a imparcialidade na toma de decisións. O texto recolle quen está suxeito á Política, o procedemento para a resolución de situacións deste tipo, e a obriga de realizar unha declaración anual ao respecto por parte das persoas con responsabilidade de decisión ou de xestión.
Política de selección de provedores e entidades colaboradoras
Ditamina os criterios de transparencia, obxectividade, eficiencia, aliñamento cos valores da entidade e prevención de conflitos de interese para o establecemento de colaboracións con outras entidades e para seleccionar os provedores de Dano Cerebral Galicia. Indica como se deben solicitar e comparar ofertas, rexistrar estes procesos, e como realizar seguimento dos acordos ou contratacións.
Procedemento de xestión de doazóns monetarias e en especie
Establece o marco para garantir unha xestión máis segura, transparente e conforme á normativa das doazóns que recibe a Federación, ben sexan económicas ou en especie. Cataloga os medios de recepción, como rexistrar as doazóns, os criterios de aceptación ou rexeitamento das achegas en especie, e as medidas de control, trazabilidade e prevención do blanqueo de capitais.