- Ámbito
- Galicia
- Data
Dano Cerebral Galicia elaborou un resumo coas principais novidades do acordo que rexe as relacións laborais da Federación e asociacións.
O 11 de abril publicouse no Boletín Oficial do Estado o texto do XVI Convenio colectivo de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, cun período de vixencia que vai de 2025 a 2027. O novo convenio negociouse ao longo do ano pasado e, aínda que entrou en vigor no intre de publicación no BOE, inclúe unhas táboas salariais que rexen desde o inicio de ano.
O Convenio de centros de atención a persoas con discapacidade rexe as relacións laborais tanto de Dano Cerebral Galicia como das súas cinco asociacións federadas. Esta revisión inclúe modificacións substanciais a nivel retributivo ou a nivel da compensación de desprazamentos e dietas.
Dano Cerebral Galicia elaborou un resumo que reduce a nove páxinas as 78 a través das que se estende o documento orixinal. O resumo facilita o acceso ás principais cuestións relacionadas co ámbito temporal, as retribucións, a xornada de traballo, os permisos, as melloras sociais e, por último, as táboas salariais, que prevén un incremento anual cun tempo de traballo máximo de 38,5 horas semanais.
Documentos para descarga:
Consulta aquí o Resumo do XVI Convenio colectivo.
Consulta aquí o documento completo do XVI Convenio colectivo.