- Ámbito
- Santiago de Compostela
- Data
A primeira colaboración do ano co dixital de Eroski desenvolve esta cuestión, centrándose no dereito á asistencia persoal.
Noelia Rivadas López, logopeda e técnica de Formación de Dano Cerebral Galicia, salienta ao inicio deste artigo que a pesar dos avances lexislativos (Convención de Discapacidade da ONU, Lei de Dependencia...), o concepto de "vida independente" segue hoxe en día sendo obxecto de reivindicación.
Apostando por modelos probados e considerados de éxito, como a asistencia persoal, desenvolve esta cuestión na primeira colaboración do ano coa revista Consumer, que se titula 'Modelos de vida independente para as persoas con dano cerebral adquirido'.
Consulta aquí os anteriores 20 artigos publicados
A colaboración coa revista dixital de Eroski iniciouse en 2021, establecendo unha alianza para difundir información, divulgación e sensibilización sobre o dano cerebral adquirido, a súa abordaxe e a prevención das súas causas. A continuación pódense recuperar os anteriores 20 artigos de Dano Cerebral Galicia en Consumer:
- 'Historia(s) do dano cerebral adquirido'. Leticia Vila Posada, psicóloga e directora de Dano Cerebral Galicia (novembro 2024).
- Asistencia persoal, un recurso para recuperar o proxecto de vida das persoas con dano cerebral. Tania Losada Figueroa, educadora social de Dano Cerebral Galicia (setembro 2024).
- Medidas que garanten a accesibilidade cognitiva. Noelia Rivadas López, logopeda de Dano Cerebral Galicia, e Rocío García Calvo, psicóloga-neuropsicóloga e directora de Sarela (xullo 2024).
- A importancia de coidarse para poder coidar. Leticia Vila Posada, psicóloga e técnica de Formación de Dano Cerebral Galicia (maio 2024).
- Consecuencias na alimentación, deglutición e nutrición tralo dano cerebral adquirido. Noelia Rivadas López, logopeda de Dano Cerebral Galicia (marzo 2024).
- Ocio inclusivo para persoas con dano cerebral adquirido. Carla Miranda Iglesias, traballadora social da Federación (xaneiro 2024).
- Rede de Cidadanía Activa, unha plataforma de participación para persoas con DCA. Carla Miranda Iglesias e Sara Alonso Rodríguez, traballadora social e responsable de comunicación da Federación (novembro 2023).
- A asesoría xurídica de FEGADACE: un mecanismo contra a discriminación. Miguel Vieito Villar e Carla Miranda Iglesias, avogado experto en dereito antidiscriminatorio e traballadora social da Federación (setembro 2023).
- A sexualidade das persoas con dano cerebral adquirido. Leticia Vila Posada e Laura Ramírez Ramos, técnica de formación de Dano Cerebral Galicia e psicóloga, sexóloga e directora técnica de Alento (xullo 2023)
- A Asistencia Persoal, chave para a autodeterminación das persoas con DCA. Marta García, Inés Mosquera, Alba Gómez e Noelia Rivadas, terapeutas ocupacionais e logopedas de Dano Cerebral Galicia no 'Proxecto Rumbo:cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva' (maio 2023).
- Ciclo de charlas de FEGADACE: la información sobre el daño cerebral adquirido sale de las ciudades. Carla Miranda Iglesias e Leticia Vila Posada, traballadora social e técnica de formación de Dano Cerebral Galicia (marzo 2023).
- Obxectivo: vida independente tralo dano cerebral adquirido. Begoña Hermida Val, de Dano Cerebral Galicia (xaneiro 2023).
- Como é unha residencia para persoas con dano cerebral adquirido. Laura Ramírez Ramos, de Alento (novembro 2022).
- A importancia da familia na rehabilitación do dano cerebral adquirido. Elisa López Fernández, Iria Abel Parga e Pablo Freire Portelaz, de ADACE Lugo (setembro 2022).
- Dano cerebral adquirido: que xestións facer e como acceder aos recursos. Eugenia Veloso Osuna, Olalla Domínguez Díaz e Laura Segade Fernández, de Sarela (xullo 2022).
- Rehabilitación no dano cerebral adquirido, quo opcións hai e en que consisten?. Inés Cortés, Rebeca Yebra, María Penas, Lara Bermejo, Alejandro Belo e Beatriz Prada, de ADACECO (maio 2022).
- Como previr o dano cerebral adquirido: atención e control dos seus factores de risco. José Antonio Fernández Delgado, educador social de DCA-Ourense (marzo 2022).
- Dano cerebral adquirido: que é, causas e factores de risco. Sara Buxó Pérez, traballadora social de Alento (xaneiro 2022).
- 10 consellos para evitar a síndrome de burnout nas persoas coidadoras. Elisa López Fernández, neuropsicóloga de ADACE Lugo (novembro 2021).