- Ámbito
- Galicia
- Data
Conmemoraremos xuntas o 3 de decembro, Día da Discapacidade, baixo o lema #Xente10, pola primeira década da iniciativa de base.
Máis de 100 entidades de discapacidade de toda Galicia veñen de relanzar, acadando a súa décima edición, a campaña 'Baixo o mesmo paraugas'. Con ela conmemórase o 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Por iso o lema que acompaña a data neste 2025 é #Xente10: dez anos de experiencia conxunta na visibilización e reclamación dunha sociedade máis xusta e inclusiva, para un colectivo de xente de dez.
A campaña amosa a persoas con discapacidade afirmando que "somos #Xente10" para traballar, para coller o autobús, para manter o xardín, para cociñar, para conducir, ou para o que se nos poña por diante.
'Baixo o mesmo paraugas' organízase a nivel local. Haberá concentracións en Ourense, Lugo... e Dano Cerebral Galicia participará, xunto con Dano Cerebral Santiago de Compostela, na convocatoria da capital galega.
Diferentes localidades e convocatorias
As entidades convocantes de 'Baixo o mesmo paraugas' chaman a acudir o vindeiro 3 de decembro ás 12:00 á Praza do Obradoiro, levando un paraugas de cores, para participar a concentración pola diversidade e a inclusión. Na concentración vaise ler o manifesto e levantar os paraugas polas persoas con discapacidade.
A cita de Lugo está prevista para as 12:00 na Praza Maior, e en Ourense as entidades convocan ás 11:30 no parque de San Lázaro.