- Ámbito
- Ourense
- Data
DCA Ourense explica como empregan esta ferramenta deportiva nas sesións de rehabilitación de persoas con dano cerebral adquirido.
DCA Ourense explica as diferentes utilidades que se lle pode dar, dentro das sesións de fisioterapia, á cinta para camiñar. Un sinxelo dispositivo deportivo, presente mesmo en moitos fogares, que na asociación animan a empregar co lema "imos rodar!".
A cita dá moita diversidade á hora de traballar na sesión de fisioterapia. Permite adestrar a marcha de moitas maneiras, como se pode ver nas imaxes, onde a persoa con dano cerebral camiña cara adiante e tamén de lado.
Ademais, na cita pódense incluir diversos parámetros para exercitar, como o equilibrio, a coordinación, a forza ou o adestramento aeróbico.
Este tipo de intervencións motivan ás persoas que as levan a cabo, o que redunda de maneira positiva no seu prognóstico de recuperación. A variedade dentro das sesións é moito maior e máis plural.