- Ámbito
- Santiago de Compostela
- Data
O Grupo Ictus Traslacional (Treat) organiza esta proba deportiva solidaria o 27 de setembro na Cidade da Cultura: inscrición aberta!
A III Carreira de Orientación Solidaria polo Ictus chega o 27 de setembro á Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.
Organizada polo Grupo Ictus Traslacional (Treat) para sensibilizar sobre esa doenza, alíase con Dano Cerebral Galicia para lle destinar a recadación solidaria da proba. Treat conta tamén coa colaboración do Club Aromon de Pontevedra e da Federación Galega de Orientación (FEGADO).
A inscrición está aberta e é de balde. Tramítase nesta ligazón: https://forms.cloud.microsoft/e/sGwX9wgjNt
O prazo para anotarse finaliza o 15 de setembro ás 23:59 ou cando se esgoten as 300 prazas dispoñibles. As persoas inscritas recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa.
A colaboración co tecido asociativo do dano cerebral adquirido canalízase a través da realización de doazóns no formulario online de Dano Cerebral Galicia ou no Bizum 09280.
A carreira de Orientación Solidaria vai ter lugar o domingo 27 de setembro a partir das 10:30. A secretaría vai estar aberta desde as 10:00. Haberá premios para as tres primeiras persoas clasificadas de cada categoría, e un gran sorteo con agasallos das entidades patrocinadoras do evento:
- Un xantar ou cea para dúas persoas en A Horta do Obradoiro
- Un xantar ou cea para dúas persoas en Tiagos Churrasco
- Un almorzo para dúas persoas en Dpingas
- Un almorzo para dúas persoas en La Cuca Brunch
- Un almorzo en Nómada Café
- Un cesto de produtos cosméticos de Atache
- Un cesto de produtos locais de D'Aldea
Colaboran tamén achegando avituallamento Frutas Gelina e Eroski. Ademais, a actividade conta co apoio de Cienytech, Portomédica, Celta Ingenieros e Enfoques.gal, que realizará difusión do evento deportivo.
O Grupo Treat dispoñibiliza os seguintes contactos para resolución de dúbidas ou consultas: treat.group.all@gmail.com | 678 874 473. Ademais, facilita toda a información técnica e regulamento neste Boletín.
Dano Cerebral Galicia quere agradecer a todas as persoas e entidades implicadas nesta actividade, e moi especialmente ao Grupo Treat, que contaran connosco para esta actividade deportiva #PoloDanoCerebral. Así mesmo, a nosa máis fonda gratitude a todos e todas as persoas que xa están a realizar doazóns a través da nosa web e Bizum.