- Ámbito
- Estado
- Data
As principais novidades refírense á protección das persoas máis vulnerables na vía: usuarias de patinetes, bicicletas, ciclomotores ou motocicletas.
O Consello de Ministros aprobou en xuño unha modificación do Regulamento Xeral de Circulación que ten como obxectivo protexer ás persoas usuarias da vía consideradas máis vulnerables, e adaptarse aos cambios da mobilidade experimentados nas últimas décadas, especialmente en zonas urbanas.
Estes cambios, aínda que non exclusivamente, afectan principalmente ás persoas usuarias de vehículos de mobilidade persoal (patinetes), bicicletas, ciclomotores ou motocicletas, e entran en vigor desde hoxe, 1 de outubro.
Vehículos de mobilidade persoal (patinetes)
-A idade mínima para conducilos é de 15 anos.
-Casco obrigatorio.
-Chaleco reflectante obrigatorio de noite ou con pouca visibilidade, e sempre para profesionais (riders).
-Alumeado aceso sempre. Esta obriga entra en vigor dentro dun ano.
-Fóra dos núcleos urbanos só poden circular por vías segregadas como carrís bici.
Bicicletas
-Casco obrigatorio en vías interurbanas.
-Casco e chaleco reflectante para profesionais (riders).
-Obrigatorio reducir a velocidade en 20 km/hora con respecto ao límite da vía para adiantarlle a un/a ciclista.
-Se hai máis dun carril, débese cambiar totalmente de carril para adiantar.
-Nas vías urbanas os/as ciclistas deben circular polo centro do carril, os vehículos a motor deben separarse mínimo 5 metros, e cando a velocidade é de máximo 30 km/hora os concellos poden permitirlles circular nos dous sentidos.
Motocicletas
-Obrigatorio empregar luvas de protección e calzado pechado, tanto as persoas que conducen como acompañantes, en vías interurbanas.
-Nos atascos poden circular polo arcén dereito a máximo 30 km/hora.
-Os cascos deben ser homologados, non certificados. Esta obriga entra en vigor dentro dun ano.
-Os profesionais (riders) deberán levar chaleco reflectante todo o tempo.
Outras cuestións
-Dótase de entidade xurídica aos camiños escolares seguros.
-Cando por unha retención os vehículos estean parados ou vaian a paso de peón, deberán abeirar de maneira que quede un espazo central libre para emerxencias.
-Suprímense as exencións de uso de cinto de seguridade.
-Regúlase o estacionamento de caravanas.
A totalidade de modificacións pode consultarse na páxina web da DGT lendo súa nota de prensa ou esta infografía.