- Ámbito
- Ourense
- Data
A asociación DCA Ourense explica a amplitude do labor dos equipos de logopedia a nivel de deglutición e de hidratación.
Despois da chegada do dano cerebral adquirido, mesmo beber auga pode precisar cambios. A disfaxia orofarínxea fai que tragar líquidos sinxelos poida ser difícil ou mesmo perigoso, e produce un aumento do risco de que pasen ás vías respiratorias en lugar de dirixirse ao estómago.
Aquí entra en xogo a auga xelificada, que se pode ver na imaxe. A súa textura facilita o control ao tragar e permite hidratarse de xeito máis seguro. En logopedia non só se adestran os músculos e a coordinación; tamén se ensinan estratexias para que beber, comer e gozar da vida volva ser posible.