- Ámbito
- Vigo
- Data
O escritor, que trata no libro o tema do dano cerebral, debateu coas usuarias e usuarios da asociación.
![](https://danocerebralgalicia.org/imagecache/new_posts/novas/14-10-0-2.admin.190110-FranciscoCastro-Alento-2.jpg)
O pasado xoves, 10 de xaneiro, Francisco Castro visitou as instalacións de Alento. O autoro de Iridum, a novela que trata a realidade das persoas con dano cerebral, documentouse para a súa escritura coñecendo o traballo da asociación viguesa e de algunhas das persoas usuarias de Alento.
Na visita organizouse un coloquio coas usuarias e usuarios de Alento para intercambiar impresións sobre Iridium e falar co autor sobre as propias experiencias co DCA, as diferenzas e similitudes entre as súas historias e a de Iris -a protagonista da novela), e para debater sobre a importancia de dar visibilidade ás persoas que teñen dano cerebral e ao seu contorno.
Foi unha xornada chea de agradecementos. Francisco Castro agradeceu a Alento a súa axuda para escribir a novela e as persoas usuarias da asociación, pola súa banda, déronlle as grazas por achegar as súas realidades á poboación xuvenil para que entendan, desde moi cedo, como é a súa situación.
Ademais de falar sobre o DCA, o libro colabora coas persoas con esta discapacidade, xa que o escritor destina parte dos beneficios das vendas (o 2%) a Alento e a FEGADACE.
Información e imaxes recollidas da páxina web de Alento.