- Ámbito
- Santiago
- Data
O CERMI Estatal presentou esta semana a renovación do seu documento para loitar contra a fenda de xénero.
A Asemblea Xeral da Federación aprobou o pasado 30 de marzo o primeiro Plan de Igualdade de FEGADACE e das súas asociacións. Este plan ten unha vixencia que vai de 2018 a 2020 e como principal obxectivo "integrar a igualdade de trato e de oportunidades entre homes e mulleres na Federación e asociacións galegas de dano cerebral adquirido, atendendo especificamente ás necesidades dos diferentes colectivos implicados: persoas usuarias, persoas coidadoras, membros das Xuntas Directivas, profesionais, socios e socias, e voluntariado".
Para avanzar nese obxectivo detalla unha serie de actividades relacionadas coa xestión do cadro de persoal, a conciliación, a introdución da perspectiva de xénero nas accións da Federación, e a garantía da igualdade de oportunidades na imaxe proxectada.
As actividades previstas inclúen a elaboración de novos protocolos internos, accións formativas, cambios nos procedementos de traballo e un maior desenvolvemento da perspectiva de xénero nas comunicacións que garanta o recoñecemento das mulleres con dano cerebral adquirido e das mulleres coidadoras.
II Plan de Igualdade do CERMI Estatal
O CERMI Estatal presentou tamén esta semana o seu II Plan de Igualdade, con vixencia para catro anos (2019-2022). A organización representativa do movemento asociativo da discapacidade reforza con este documento o seu compromiso coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Este plan tratará de promover a participación das mulleres e nenas con discapacidade, incorpora a perspectiva de xénero nas accións de incidencia, ordena a elaboración de informes específicos, e determina que se organicen varios actos públicos. Ademais, vaise crear un servizo de orientación xurídica específico para mulleres con discapacidade.
Consulta o I Plan de Igualdade de FEGADACE, ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela.
Consulta o II Plan de Igualdade do Cermi Estatal.