- Ámbito
- Galicia
- Data
Actividades deportivas, informativas, de concienciación ou reivindicativas, como a Xuntanza da Rede de Cidadanía Activa coa Valedora do Pobo.

O conxunto do movemento asociativo do Dano Cerebral Adquirido conmemora o Día Nacional do Dano Cerebral cun amplo programa de actividades que van do deporte á sensibilización, pasando polas accións informativas, as lecturas do Manifesto ou a xuntanza que van manter membros da Rede de Cidadanía Activa coa Valedora do Pobo.
Dano Cerebral Galicia, así como as súas entidades membro, estende a conmemoración a todo o mes de outubro (o 26 é o Día do Dano Cerebral e o 29 o do Ictus), chegando tamén ata novembro: o día 3 remata a campaña de sensibilización nos trens e estacións de Renfe, o día 4 manterase a reunión coa Valedora, e o 9 rematamos o programa coa Xornada sobre o Dano Cerebral.
Ademais, desde xa, animamos a todo o mundo a sacar unha foto facendo o aceno do Día do Dano Cerebral, colocando a man na cabeza, e a colgala en redes etiquetándonos e introducindo o hashtag #DíaDanoCerebral.
Dano Cerebral Galicia
Luns 7 a domingo 3 de novembro
Martes 8 a xoves 31
- Ciclo Cinefórum Espazos +60 Afundación.
Luns 4 de novembro
- Reunión da Rede de Cidadanía Activa coa Valedora do Pobo para a presentación de demandas e comparecencia final para medios de comunicación (11:30, sede da Valedora do Pobo).
Sábado 9 de novembro
- Xornada sobre o Dano Cerebral: Dende o asistencialismo ao pleno exercicio de dereitos (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela, 09:00 a 17:15).
ADACECO
Sábado 26
- Carreira e Andaina Solidaria de María Pita á Torre de Hércules. Sorteo final de tres camisetas asinadas: polos xogadores do Deportivo, polos do Leyma Basket Coruña e polas do Hockey Club Coruña. Inscrición no teléfono 655 824 619 e no correo recepcion@adaceco.org
- Lectura do manifesto ás 12:00 na Praza de María Pita.
- Saque de honra do presidente e dunha usuaria de ADACECO no partido do Hockey Clube Coruña Feminino. Pazo dos Deportes de Riazor, ás 17:00.
- Homenaxe a ADACECO no descanso do partido do Leyma Basket Coruña. Coliseum da Coruña, ás 20:45.
- Alumeado de edificios públicos nos concellos da Coruña, Culleredo, Cambre e Oleiros.
ADACE Lugo
Mércores 23
- Acto de presentación da marca. Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo, ás 18:00.
Venres 25
- Mesa informativa no Hospital Lucus Augusti en horario de mañá.
Sábado 26
- Lectura do manifesto ás 12:00.
Alento
Xoves 24
- Gravación de programa de Onda Cero en directo desde Alento.
Venres 25
- Xornada de portas abertas e lectura do manifesto.
- Participación na sesión clínica de presentación do Proceso Asistencial Integrado do Dano Cerebral no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
DCA Ourense
Todo outubro
- Exposición ‘Máis aló dos informes’, na sede de DCA Ourense, sobre as historias de vida das persoas usuarias.
Luns 14
- Dúas charlas de prevención do dano cerebral adquirido en Pereiro de Aguiar.
Venres 18
- Dúas charlas de prevención do dano cerebral adquirido en San Cibrao das Viñas.
Luns 21
- Dúas charlas de prevención do dano cerebral adquirido en Barbadás.
Mércores 23
- Xornada interxeracional de creación mural e xogos tradicionais realizados polas persoas usuarias da entidade co alumnado do CEIP Couto.
Venres 25
- Xornada interxeracional de creación mural e xogos tradicionais realizados polas persoas usuarias da entidade co alumnado do CEIP Couto.
Sábado 26
- Lectura do manifesto ás 12:00 na sede de DCA Ourense.
Luns 28
- Dúas charlas de prevención do dano cerebral adquirido en Barbadás.
Dano Cerebral Santiago de Compostela
Martes 22
- Sesión informativa sobre o dano cerebral adquirido en Noia, dirixida á poboación xeral. Organizada pola USM de Noia. Realizarase no Espazo Xove de Noia (Rúa de Pedra Sartaña). 16:30.
Xoves 24
- Sesión informativa sobre o dano cerebral adquirido na Estrada, dirixida á poboación xeral. Realizarase no MOME, Museo do Moble e da Madeira (Avda. Benito Vigo, 92). 18:30.
Sábado 26
- 10:00. Andaina desde a Alameda (punto de encontro na escultura de Maruxa e Coralia).
- 11:00. Antes de chegar á Praza do Obradoiro, a marcha fará unha parada no Pazo de Fonseca para ter un tempo de encontro dos/as participantes arredor dun café.
- 12:30. Lectura do manifesto do movemento asociativo na Praza do Obradoiro, diante da Casa do Concello, coa presenza da alcaldesa.
Martes 29
- Mesas informativas no CHUS, no Hospital da Barbanza e nos Centros de Saúde de A Estrada, Arzúa, Lalín, Mazaricos e Rianxo. Participarán profesionais de Sarela e persoas usuarias e familias, en horario de 10:00 a 13:00 (agás no CHUS, de 10:30 a 13:00).
Daño Cerebral Estatal
Luns 21
- Acto ‘Aquello que somos’.
Venres 25
- Encontro: ‘Código DCA al Alta Hospitalaria. Por la garantía efectiva de la continuidad asistencial para las personas con DCA y sus familias’, de 12:00 a 13:30. Retransmisión online previa inscrición.