- Ámbito
- Ourense
- Data
A iniciativa e proposta partiu dunha das persoas usuarias da entidade, e foi organizada pola área de educación social.
Dentro da programación mensual da área de educación social de DCA Ourense, en maio organizouse, por iniciativa dunha persoa usuaria da entidade, unha visita cultural ao veciño concello de Xunqueira de Espadañedo.
A completa xornada comezou a primeira hora da mañá coa visita ao Mosteiro Cisterciense de Santa María, dun dos máis descoñecidos da Ribeira Sacra. A continuación dirixíronse ao Museo Obradoiro de Alfarería de Niñodaguia, onde lles contaron as historias de moitos dos Cacharreiros, e puideron contemplar as pezas máis senlleiras dese oficio. Para finalizar, pasaron pola Alfarería Agustín, unha das poucas alfarerías tradicionais aínda activas en Galicia, e que distinguen o seu traballo pola cor amarela que achega o barro autóctono.
A excursión, moi ben valorada por todas as persoas participantes, finalizou cun xantar no que se puxeron a organizar a seguinte saída. Ademais do interese cultural intrínseco, enriquecedor para calquera persoa, este tipo de actividades serven para promover a autonomía persoal, a inclusión social e o goce do ocio inclusivo por parte das persoas con dano cerebral adquirido.