- Ámbito
- A Coruña
- Data
A Fundación, con sede na mesma cidade, compartiu coa asociación de dano cerebral adquirido os seus vehículos adaptados.

A Fundación ENKI, dedicada á promoción do ocio e do deporte inclusivo, visitou a semana pasada as instalacións de Dano Cerebral A Coruña ADACECO.
Impartiron unha charla para dar a coñecer as actividades da Fundación, convidando á entidade de dano cerebral a sumarse e participar nas mesmas.
Como parte das iniciativas de deporte adaptado de ENKI, levaron unha mostra dos seus vehículos adaptados, que tanto as profesionais como as persoas usuarias de Dano Cerebral A Coruña ADACECO tiveron a oportunidade de probar.
A Fundación ENKI ten a súa sede na Coruña e dedícase a organizar actividades de sensibilización para a participación social dun xeito inclusivo e accesible.