- Ámbito
- Ourense
- Data
A entidade de dano cerebral da cidade das Burgas quere lembrar que foi desde a base como construíron os seus servizos.
A asociación DCA Ourense quere facer unha pequena parada para lembrar que nace das familias. Familias que, trala chegada do dano cerebral adquirido, non atoparon respostas nin continuidade asistencial, e decidiron organizarse para crear un recurso que non existía, da nada.
Desde a entidade queren lembrar, polo tanto, como funciona o movemento asociativo: detecta necesidades reais, crea apoios especializados, defende dereiros e constrúe recursos profesionais pensados para durar, como a súa propia asociación, que medrou e se consolidou ata verse como é hoxe.
Así, hoxe en día son a entidade especializada en dano cerebral adquirido de Ourense, pero reivindican que continúan tendo a mesma raíz: "familias creando solucións".