- Ámbito
- Lugo
- Data
A proposta dun grupo de persoas usuarias, a entidade trazou unha folla de ruta para introducir novas prácticas sustentables na rutina diaria do centro.

'Axentes verdes' é o nome do proxecto que está a poñer en marcha Dano Cerebral Lugo este mes de xaneiro, co obxectivo de introducir o concepto de sustentabilidade na rutina diaria do centro.
A educadora social e a neuropsicóloga do centro son as encargadas de levar a cabo a iniciativa, procedente dun grupo de persoas usuarias de Dano Cerebral Lugo preocupadas pola cuestión ambiental, e decididas a implicarse adoptando medidas que melloren a sustentabilidade do centro.
A figura do/a 'Axente verde' é a encargada de promover prácticas máis ecolóxicas, como por exemplo a reciclaxe ou o aforro nos consumos de electricidade ou de auga, e tamén de vixiar que as accións ambientais están a ser incorporadas polo conxunto da asociación, no seu día a día.