- Ámbito
- Lugo
- Data
Participaron dez equipos compostos por unha persoa con dano cerebral adquirido máis un ou dous parentes, nunha actividade destinada a reforzar lazos na base social da entidade.
O centro María Mariño foi o escenario do III Torneo de Boccia para familias de Dano Cerebral Lugo.
O emocionante encontro, por equipos de entre dúas e tres persoas, contou con 25 participantes. Os dez equipos estaban compostos por unha persoa con dano cerebral adquirido e unha ou dúas persoas da súa familia.
Organizado como unha pequena liga, artellouse con enfrontamentos cruzados de xeito aleatorio, permitindo avanzar aos equipos que ían gañando, e dando a oportunidade de repesca ás parellas ou grupos que levaran cando menos tres partidas.
Todas as participantes levaron medalla e o equipo gañador fíxose cun trofeo.
O deporte adaptado dá unha oportunidade de inclusión ás persoas con dano cerebral. Practicalo en familia ofrece ademais a posibilidade de contar cunha actividade inclusiva coa que se reforzan lazos sociais arredor da entidade lucense.
Dano Cerebral Lugo non para nos seus esforzos deportivos e xa está pensando no seguinte encontro, este mes de novembro: unha partida coa asociación Aspace Lugo que rematará cun magosto.